Outubro 2021, Santiago de Compostela
MURAIS DE GRAN FORMATO:
As artistas convidadas estarán traballando durante o mes de outubro en 2 muros de gran formato nas distintas localizacións seguintes: ( clicka nos links pra ver a ubicación concreta en street view )
XOANA ALMAR
Rúa do Restollal nº 67 ( Castiñeiriño) / Do 18 ao 24 de outubro.
Xoana Alvarez Martin formouse como ilustradora, economista e antropóloga. Estudiou en Granada e é alí onde comeza a traballar no eido da pintura a partir do 2008. No 2013 volve a Galicia e constitúe xunto a Miguel Peralta e Raquel Doallo a cooperativa Cestola, onde traballa como muralista, pintora e ilustradora.
No seu traballo hai in uencias de artistas clásicos/as da pintura galega e doutros actuais, especialmente relacionados co mundo da ilustración e o muralismo. A través das súas personaxes, maioritariamente femininas, sobresae unha búsqueda de formas sinxelas coas que tenta expresar unha personalidade ou historia de vida.
Máis info:
https://www.instagram.com/xoanaalmar/
Algúns traballos anteriores:
LIDIA CAO
Rúa Canteira de Arriba 19
Dende moi pequena LIDIA CAO interésase polo debuxo, especializándose no tratamento de figuras e facianas, analizando minuciosamente as expresións para conseguir decir moito co mínimo.
Na súa obra as personaxes posúen un peso primordial na composición e as oníricas atmósferas que xenera potencian a expresividade das súas facianas, que funcionan coma íntimos retratos psicolóxicos e adquiren unha velada pero intensa dramaturxia.
Destaca o seu dominio do volumen a través dunha liña firme e certeira, o seu gusto pola síntesis nas paletas de cores e a súa atracción polas gamas desaturadas e pouco estridentes, ponderando a importancia do debuxo por encima da cor.
En 2016 a arte urbana crúzase no seu camiño, e dende o 2018 compaxina a carreira como ilustradora co seu traballo mural, o cal vai adquirindo cada vez máis e máis peso, levándola a participar en diversos eventos de arte urbana
nacionais e internacionais nos últimos anos.
Máis info:
Algúns traballos anteriores:
CLASES MAXISTRAIS:
MUTANTE CREATIVO ( Sokram e Møu )
Clase maxistral de muralismo / 26 e 27 de outubro / IES do Sar
Os días martes 26 e mércores 27 de outubro terá lugar unha clase maxistral sobre muralismo impartida por Møu e Sokram, da equipa de Mutante Creativo, que dará lugar tamén a unha nova obra mural, realizada en conxunto co alumnado de bacharelato artístico do IES de Sar, que terán a oportunidade de coñecer de preto as diferentes técnicas e procesos pra levar a cabo un mural de gran formato.
Máis info:
https://www.instagram.com/mutantecreativo/
https://www.instagram.com/sokram_desordes/
https://www.instagram.com/mou_mutante/
Algúns traballos anteriores: