Joseba Muruzábal, alias Yoseba MP, afincado en Santiago de Compostela, é un dos máximos expoñentes da pintura mural contemporánea en Galiza. A súa obra caracterízase por un marcado estilo realista, e en ocasións unido ao surrealismo, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica.
Trae a Santiago a súa serie de murais chamada 'Fenómenos do rural' onde as nosas avoas se converten en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos, rendendo así homenaxe á muller como figura crucial na nosa sociedade.
----
BALBINA, A MULLER MACROONDAS
Esta señora é coñecida como A Carabela, pero no colexo de Fontiñas, onde se atopa o mural, rebautizárona coma Balbina.
Esta nova integrante da serie de murais e cadros "Fenómenos do rural", levaba toda a súa vida despelexando polos, polo que se ve que ao cabo dun tempo rematou por desenrolar o poder de facelos levitar e asalos a base de ondas de caolor que emite polos seus ollos.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
BALBINA, LA MUJER MACROONDAS
Esta señora es conocida como A carabela, pero en el colegio de Fontiñas, donde se encuentra el mural, la rebautizaron como Balbina. Esta integrante de las superabuelas llevaba toda su vida despellejando pollos, por lo que desarrolló el poder de hacerlos levitar y darles un asado exprés a base de ondas de calor que emite por los ojos cual Superman.