novenoel

 

NOVENOEL é comunicador audiovisual pola universidade de Santiago de Compostela e técnico en ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña.

Traballa no eido da imaxe gráfica e a pintura mural para empresas particulares e institucións dende o ano 2008. En este tempo, tamén desenvolve unha liña de traballo persoal e participa en numerosos festivais en España, Alemaña, Portugal e México.

Premiado polo seu traballo no 3o Concurso de Ilustración Sociedad Valle del Oro (2010) e GZ Crea (2012 e 2017) , recibe becas de creación e residencia artística en Cordoba (Esp) , Anoguleme (Fra) e Guadalajara (Mex) onde realiza súa primeira mostra individual na Galeria Apollinaire en Maio de 2016.

Cunha liña clara e depurada, conta historias gráficas onde se mistura a mecánica material coa orgánica rural. Dende a imaxinación subconsciente a través da narrativa do arte secuencial emerxen formas e  gamas de cor que queren comunicar sentimentos, recordos e emocións traídas do outro lado do espello.

 

----------------

 

Título: "O MEDO ERA"

Situación: IES de Vite.  Avenida do Burgo das Nacións, 15704 Santiago de Compostela. 

MAPA:

https://www.google.com/maps?cid=9919226407805515578

 

 

 

 

MURAIS ANTERIORES