ISAAC MAHOW (ZARAGOZA)

Para nós Isaac Mahow é un dos artistas urbanos máis interesantes do panorama estatal. Natural de Zaragoza, ilustrador, deseñador, tatuador e muralista, leva un longo percorrido ás súas costas e unha mochila cargadiña de complexas habilidades técnicas e unha profunda narrativa poética. 

 

Mahow invéntase as súas propias teorías de luz e contrastes de cor, engadíndolles combinacións de formas contrapostas entre cortantes e sinuosas que lle imprimen soltura a cada peza,  todo, dentro dun estilo moi personal que semella mutar cara a abstracción co paso dos anos. 

 

Os seus murais contan historias, normalmente ocultas, e hai que pararse a ver e a escoitar, esquecer as presas... e achegarse á parede.  E voltar a alonxarse para albiscar os significados das metáforas que revela. Amable pero certeiro,  áspero e suave ao tempo.

............................................................................................................................................................................................................................................................................ 

 

O mural de Isaac Mahow estivo pintando en Rúa Doutor Maceira nº 9 ( Pavillón do IES Eduardo Pondal ). 

 

Comisariado por Mutante Creativo.

 

Fotos por Poligrafitus &  Mutante Creativo.

 

Ver ubicación

 

Máis info:

http://isaacmahow.tumblr.com

https://www.facebook.com/isaacmahow/

 

MURAIS ANTERIORES: