FARID RUEDA (México)

Farid Rueda é un dos millores artistas da gran escea mexicana do muralismo contemporáneo, cunha longa traxectoria e experiencia neste eido e con murais en múltiples cidades ao redor do globo. 

 

O seu traballo, curiosidade e experimentación gráfica fórono levando cara un estilo claramente figurativo, na que o tratamento da cor e as figuras de animais xogan un papel crucial.

 

No medio de atmósferas rechamantes, complexos patróns e ricas texturas que recordan a súa esencia mexicana, agóchase unha idea concreta,  unha chamada de atención sobre a conservación do medio e do todo que nos rodea no medio desta roda de caos que nunca se para.

 

Farid estivo pintando na Rúa Vedra nº 1 (Pontepedriña) e éste é o resultado do seu mural titulado "BRIXE". 

 

Ver ubicación

 

Comisariado por Mutante Creativo. 

Fotos por Farid Rueda e Poligrafitus.

 

Máis info:

https://www.facebook.com/faridruedavisualartist/

 

murais anteriores: