EDICIÓN 2016

MURALISTAS

DOA

Dende moi nova Doa estivo experimentando diferentes técnicas expresivas. Aprende arte e fotografía entre Galicia, México e Portugal. Tempo despois descobre a posibilidade de formar parte do todo axudando ao reino verde a recuperar o espazo perdido, e neste momento empeza o proxecto Reforestando, pensando na transformación do espazo público, mediante a intervención mural “site specific” de temática vexetal, coa única ambición de renacer espazos. O motor desta idea é a urxente necesidade de recoñecer e respectar o contorno natural e todo o reino vexetal e a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte dun todo.

 

Máis info:

https://doaoa.wordpress.com


YOSEBA MP

Joseba Muruzábal, alias Yoseba MP, afincado en Santiago de Compostela, é un dos máximos expoñentes da pintura contemporánea en Galiza. A súa obra caracterízase por un marcado estilo realista, e en ocasións unido ao surrealismo, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica. 

Trae a Carballo a súa serie de murais chamada 'Fenómenos do rural' onde as nosas avoas se converten en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos, rendendo así homenaxe á muller como figura crucial na nosa sociedade. 

 


NOVE NOEL

 

E comunicador audiovisual pola universidade de Santiago de Compostela e técnico en ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña.

Traballa no eido da imaxe gráfica e a pintura mural para empresas particulares e institucións dende o ano 2008. En este tempo, tamén desenvolve unha liña de traballo persoal e participa en numerosos festivais en España, Alemaña, Portugal e México.

Premiado polo seu traballo no 3o Concurso de Ilustración Sociedad Valle del Oro (2010) e GZ Crea (2012 e 2017) , recibe becas de creación e residencia artística en Cordoba (Esp) , Anoguleme (Fra) e Guadalajara (Mex) onde realiza súa primeira mostra individual na Galeria Apollinaire en Maio de 2016.

Cunha liña clara e depurada, conta historias gráficas onde se mistura a mecánica material coa orgánica rural. Dende a imaxinación subconsciente a través da narrativa do arte secuencial emerxen formas e  gamas de cor que queren comunicar sentimentos, recordos e emocións traídas do outro lado do espello.


MUTANTE  (sokram & møu)

 

dfadfafafa