XOANA ALMAR ( CESTOLA )

Xoana formouse como ilustradora, economista e antropóloga. Estudiou en Granada e é alí onde comeza a traballar no eido da pintura a partir do 2008. No 2013 volve a Galicia e constitúe xunto a Miguel Peralta e Raquel Doallo a cooperativa Cestola na Cachola, onde traballa como muralista, pintora e ilustradora.

 

No seu traballo hai influencias de artistas clásicos/as da pintura galega e doutros actuais, especialmente relacionados co mundo da ilustración e o muralismo. A través das súas personaxes, maioritariamente femininas, sobresae unha búsqueda de formas sinxelas coas que tenta expresar unha personalidade ou historia de vida. 

 

-----------

 

Título: "CASA"

Situación: Rúa do Restollal nº 67, Compostela.

Mapa:

https://www.google.com/maps?q=Rúa+do+Restollal,+67,+15702+Santiago+de+Compostela,+A+Coruña&ftid=0xd2efe25b156081d:0xb8d237c3bdb45c37

 

Nesta ocasión e aproveitando que lle tocaba xogar na casa,  Xoana decidíu levarse este mural ao terreo persoal e adicar este mural ao seu pai; pra elo xerou esta imaxe que está inspirada nunha fotografía tomada por él fai anos sna úa casa e na que aparecen ela mesma de cativa no colo da súa nai. 

 

Unha imaxe que agocha tras de si certos símbolos e elementos que aluden á figura do seu pai e cos que xoga de xeito moi persoal. A escaleira, a pelota, a anduriña, o fouciño, as pombas, o peixe e as cores, xeran unha íntima narrativa coa que comunica moito con poucos elementos pero que consegue unha máxica dialéctica cos seus íntimos achegados e a un tempo tamén un diálogo aberto e sinxelo co resto do público.

 

 

 

murais anteriores: