MUTANTE é un organismo creativo multidisciplinar, un monstro con moito ollo e con múltiples extremidades capaces de levar a cabo traballos creativos do máis diverso. Eles son un estudio de deseño especializados na realización de traballos de muralismo e expertos na organización e comisariado de grandes eventos internacionais de arte urbana, especialidade na que acumulan 14 anos de experiencia, unha morea de traballos realizados pra diferentes clientes e abondosas participacións en eventos de arte urbana. Por outra banda tamén aglutinan 4 grandes festivais baixo a súa dirección e comisariado como son DesOrdes Creativas (Ordes), Rexenera Fest ( Carballo), Cromático Mural Fest (Cambre) e o propio Compostela Contemporánea .
O estudio confórmano Sokram e Møu, unha dupla de muralistas con longa experiencia e ampla traxectoria.
Máis:
https://www.instagram.com/mutantecreativo/
https://www.instagram.com/mou_mutante/
https://www.instagram.com/sokram_desordes/
----------------
MURAL MASTER CLASS DE MURALISMO, por MUTANTE CREATIVO ( Sokram e Møu)
Mural realizado co alumnado do IES de bacharelato artístico de Sar.
Situación: IES de SAR / Patio interior.
Google maps: