LIDIA CAO

 

Dende moi pequena LIDIA CAO interésase polo debuxo, especializándose no tratamento de figuras e facianas, analizando minuciosamente as expresións para conseguir decir moito co mínimo.

Na súa obra as personaxes posúen un peso primordial na composición e as oníricas atmósferas que xenera potencian a expresividade das súas facianas, que funcionan coma íntimos retratos psicolóxicos e adquiren unha velada pero intensa dramaturxia.

Destaca o seu dominio do volumen a través dunha liña firme e certeira, o seu gusto pola síntesis nas paletas de cores e a súa atracción polas gamas desaturadas e pouco estridentes, ponderando a importancia do debuxo por encima da cor.

En 2016 a arte urbana crúzase no seu camiño, e dende o 2018 compaxina a carreira como ilustradora co seu traballo mural, o cal vai adquirindo cada vez máis e máis peso, levándola a participar en diversos eventos de arte urbana nacionais e internacionais nos últimos anos.

 

-----------

 

Título: "IDENTIDADE"

Situación: Rúa Canteira de arriba 19, SaNtiago de Compostela.

MAPA:

https://www.google.com/maps?q=Rúa+da+Canteira+de+Arriba,+19,+15707+Santiago+de+Compostela,+A+Coruña&ftid=0xd2effb1c9a518e3:0x55bab08a1e8b4b9d

 

 

Neste novo mural Lidia reflexiona sobre o tránsito pola infancia e a súa crucial influencia no posterior desenrolo das persoas.

A través da súa habitual sensibilidade e delicadeza agasállanos esta imaxe tan poética e suxerente, que sitúa ao espectador nese contexto e nos transmite unha inquietante sensación de paz e equilibrio.

 

En palabras da artista:

 

`Todo ser humano fórmase a partir das experiencias. O desenvolvemento da personalidade comeza a forxarse dende moi cativo/a, cando tomamos conciencia de nós mesmos/as como entidade diferente a todas as demáis realidades que nos rodean. Para o desenvolvemento desta identidade empregamos o coñecemento adquirido, interprentando as vivencias dunha maneira única e especial e dando lugar á nosa personalidade a través de momentos positivos e negativos.

Todo iso acompáñanos durante toda a nosa vida, pero é esa primeira etapa, unha das máis importantes.´

Grazas por todo á familia da vivenda por todo o seu cariño e a acollida que nos deron durante todo o proceso tanto a Lidia coma a equipa do festival. Manel, Alba e demáis familia, moito obrigados!

 

 

 

murais anteriores: