EDICIÓN 2021

MURALISTAS

xoana almar

Xoana formouse como ilustradora, economista e antropóloga. Estudiou en Granada e é alí onde comeza a traballar no eido da pintura a partir do 2008. No 2013 volve a Galicia e constitúe xunto a Miguel Peralta e Raquel Doallo a cooperativa Cestola na Cachola, onde traballa como muralista, pintora e ilustradora.

 

No seu traballo hai influencias de artistas clásicos/as da pintura galega e doutros actuais, especialmente relacionados co mundo da ilustración e o muralismo. A través das súas personaxes, maioritariamente femininas, sobresae unha búsqueda de formas sinxelas coas que tenta expresar unha personalidade ou historia de vida. 

 


lidia cao

Dende moi pequena LIDIA CAO interésase polo debuxo, especializándose no tratamento de figuras e facianas, analizando minuciosamente as expresións para conseguir decir moito co mínimo.

Na súa obra as personaxes posúen un peso primordial na composición e as oníricas atmósferas que xenera potencian a expresividade das súas facianas, que funcionan coma íntimos retratos psicolóxicos e adquiren unha velada pero intensa dramaturxia.

Destaca o seu dominio do volumen a través dunha liña firme e certeira, o seu gusto pola síntesis nas paletas de cores e a súa atracción polas gamas desaturadas e pouco estridentes, ponderando a importancia do debuxo por encima da cor.

En 2016 a arte urbana crúzase no seu camiño, e dende o 2018 compaxina a carreira como ilustradora co seu traballo mural, o cal vai adquirindo cada vez máis e máis peso, levándola a participar en diversos eventos de arte urbana nacionais e internacionais nos últimos anos.

 


mutante creativo (Master class)

 

 

MUTANTE é un organismo creativo multidisciplinar, un monstro con moito ollo e con múltiples extremidades capaces de levar a cabo traballos creativos do máis diverso. Eles son un estudio de deseño especializados na realización de traballos de muralismo e expertos na organización e comisariado de grandes eventos internacionais de arte urbana, especialidade na que acumulan 14 anos de experiencia, unha morea de traballos realizados pra diferentes clietnes  e abondosas participacións en en eventos de arte urbana. Por outra banda tamén aglutinan 4 grandes festivais baixo a súa dirección e comisariado como son DesOrdes Creativas (Ordes), Rexenera Fest ( Carballo), Cromático Mural Fest (Cambre) e o propio Compostela Contemporánea .

 

O estudio confórmano Sokram e Møu, unha dupla de muralistas con longa experiencia e ampla traxectoria.