MIGUEL PERALTA ( CESTOLA )

 

Miguel Peralta é o 50% da dupla artística Cestola, formada xunto a Xoana Almar, os dous levan traballando conxuntamente dende 2008 baixo o nome de Cestola na Cachola, cooperativa cultural galega na que xuntos desenrolan proxectos de pintura, ilustración e muralismo combinados con outros centrados na formación e difusión de economía social e solidaria da man de Raquel Doallo, a outra pata da mesa desta cooperativa.

 

Os seus traballos caracterízanse por un profundo coñecemento da cor, na que predominan sutís patróns e texturas complexas, combinados con complexas composicións e a representación da figura da muller como eixo principal de gran parte das súas obras. Facianas incólumes que nos falan de antigas lendas ou historias verídicas nas que a figura feminina xoga un papel crucial do seu discurso narrativo.

 

-----------

Título: "Camiñantes"

Situación: Praza da Constitución nº 2. 

MAPA:

https://www.google.com/maps?q=Praza+da+Constitución,+2,+15702+Santiago+de+Compostela,+A+Coruña&ftid=0xd2efe391e26c7b5:0xb5737610d48d0de8

 

 

 

murais anteriores: