MURALISTAS
Joseba Muruzábal, alias Yoseba MP, afincado en Santiago de Compostela, é un dos máximos expoñentes da pintura contemporánea en Galiza. A súa obra caracterízase por un marcado estilo realista, e en ocasións unido ao surrealismo, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica.
Trae a Carballo a súa serie de murais chamada 'Fenómenos do rural' onde as nosas avoas se converten en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos, rendendo así homenaxe á muller como figura crucial na nosa sociedade.
Artista multidisciplinar cunha carreira marcada polo deseño gráfico, o muralismo e a música, é cofundador do estudio Mutante Creativo, ademáis de co-director e comisario en eventos de arte urbana como o DesOrdes Creativas (Ordes), Cromático (Cambre), Contemporánea (Compostela) ou o propio Rexenera Fest (Carballo).
A súa infancia estivo marcada polo debuxo, personaxes das series de animación enchían as súas libretas e pouco a pouco foise asomando ao mundo do cómic e do graffiti.
É Titulado en gráfica publicitaria pola escola Pablo Picasso da Coruña, de aí a súa influencia do deseño gráfico na súa obra, crea un estilo onde predomina unha paleta de cor reducida e desaturada, creando volume a través de formas planas, todo reforzado cunha liña persistente e limpa.
Xoana Almar e Miguel Peralta (a.k.a. Nömada) levan traballando conxuntamente dende 2008 baixo o nome de Cestola na Cachola, cooperativa cultural galega na que xuntos desenrolan proxectos de pintura, ilustración e muralismo combinados con outros centrados na formación e difusión de economía social e solidaria da man de Raquel Doallo, a outra pata da mesa desta cooperativa.
Os seus traballos caracterízanse por un profundo coñecemento da cor, na que predominan sutís patróns e texturas complexas, combinados con complexas composicións e a representación da figura da muller como eixo principal de gran parte das súas obras. Facianas incólumes que nos falan de antigas lendas ou historias verídicas nas que a figura feminina xoga un papel crucial do seu discurso narrativo.
É técnico en Ilustración pola EASD Pablo Picasso da Coruña e graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como ilustrador e pintor mural freelance dende 2011 para empresas, particulares e institucións como Bergen Audiovisual, TVG, Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Editorial Elvira, Cabezas Cuadradas, Auga Editora ou Vaova Gastro. Premiado no Concurso de Ilustración Sociedad El Valle de Oro (2010) e GZ Crea (2012 e 2017), participou en numerosos festivais de arte urbana en España, Portugal e México (Desordes Creativas, O Marisquiño, Rexenera Fest, Eutopia, Acapulco Pro, Street art Mujam). Recibiu bolsas de creación e residencia artística en Córdoba (España), Angoulême (Francia) e Guadalajara (México), onde realizou a súa primeira mostra individual de ilustración e pintura na Galería Apollinaire (2016).