LULA GOCE

Natural de Baiona (Pontevedra) e licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura pola universidade de Salamanca, o seu traballo artístico sempre estivo vencellando á arte efémera, en especial en espazos urbanos mediante murais ou intervencións no espazo público.

En Barcelona estudou deseño gráfico na BAI e ilustración na Escola de la Dona e diversos masters e estudos específicos sempre ao redor da creación visual. 

 

Nos últimos anos pasa a centrarse máis no seu traballo muralístico e participa en moitos festivais de arte urbana como Waterford Urban festival en Irlanda, Memorie Urbana en Italia ou  North West Walls en Bélxica entre moitos outros, podendo atopar murais seus en moitas cidades de España, Alemania, Portugal, Canadá, México e moitas outros países de Latinoamérica.

 

O seu traballo tende a profundizar no íntimo a partir do público, momentos persoais e accións solitarias que amosa nas fachadas, expostas ás miradas de transeúntes e curiosos. Para Lula nestes procesos prima a interrelación co espectador, o diálogo que establece co entorno no que intervén é moi  importante. A reacción dos veciños durante todo o proceso son parte da obra mesma, e ésta convive diariamente co espazo público e con aqueles que a habitan. Interésalle o caracter efémero das intervencións na rúa: créanse, deterióranse e finalmente esváense borradas polo tempo, deixando apenas unha pegada...

A volta á ruina. 

............................................................................................................................................................................................................................................................................

 

O mural de Lul está na rúa Manuel María, nº 6 (Salgueiriños) na fachada principal do edificio do CABES. Aquí podedes ver fotos co resultado e parte dos procesos. 

 

Comisariado por Mutante Creativo

Fotos por Poligrafitus e Mutante Creativo.

 

Ver ubicación

 

Máis info:

http://www.lulagoce.com

 

murais anteriores: