CESTOLA NA CACHOLA

Xoana Almar e  Miguel Peralta (a.k.a. Nömada) levan traballando conxuntamente dende 2008 baixo o nome de Cestola na Cachola, cooperativa cultural galega na que xuntos desenrolan proxectos de pintura, ilustración e muralismo combinados con outros centrados na formación e difusión de economía social e solidaria da man de Raquel Doallo, a outra pata da mesa desta cooperativa.

 

Os seus traballos caracterízanse por un profundo coñecemento da cor, na que predominan sutís patróns e texturas complexas, combinados con complexas composicións e a representación da figura da muller como eixo principal de gran parte das súas obras. Facianas incólumes que nos falan de antigas lendas ou historias verídicas nas que a figura feminina xoga un papel crucial do seu discurso narrativo.

 

Nesta ocasión os Cestola non puideron traballar a dúo xa que Xoana finalmente non puido acudir á cita e foi Miguel Peralta quén realizou este mural na rúa Amor Ruibal do barrio de Pontepedriña. A continuación podedes ver as fotos do resultado e algunhas imaxes dos procesos.

 

Comisariado por Mutante Creativo.

Fotos por Poligrafitus e Miguel Peralta.

 

Ver ubicación

 

Máis info:

http://www.cestolanacachola.org

 

murais anteriores: