MURALISTAS
Xoana Almar e Miguel Peralta (a.k.a. Nömada) levan traballando conxuntamente dende 2008 baixo o nome de Cestola na Cachola, cooperativa cultural galega na que xuntos desenrolan proxectos de pintura, ilustración e muralismo combinados con outros centrados na formación e difusión de economía social e solidaria da man de Raquel Doallo, a outra pata da mesa desta cooperativa.
Os seus traballos caracterízanse por un profundo coñecemento da cor, na que predominan sutís patróns e texturas complexas, combinados con complexas composicións e a representación da figura da muller como eixo principal de gran parte das súas obras. Facianas incólumes que nos falan de antigas lendas ou historias verídicas nas que a figura feminina xoga un papel crucial do seu discurso narrativo.
Farid Rueda é un dos millores artistas da gran escea mexicana do muralismo contemporáneo, cunha longa traxectoria e experiencia neste eido e con murais en múltiples cidades ao redor do globo.
O seu traballo, curiosidade e experimentación gráfica fórono levando cara un estilo claramente figurativo, na que o tratamento da cor e as figuras de animais xogan un papel crucial.
No medio de atmósferas rechamantes, complexos patróns e ricas texturas que recordan a súa esencia mexicana, agóchase unha idea concreta, unha chamada de atención sobre a conservación do medio e de todo o que nos rodea no medio deste caos que nunca se para.
Para nós Isaac Mahow é un dos artistas urbanos máis interesantes do panorama estatal. Natural de Zaragoza, ilustrador, deseñador, tatuador e muralista, leva un longo percorrido ás súas costas e unha mochila cargadiña de complexas habilidades técnicas cunha profunda narrativa poética.
Mahow invéntase as súas propias teorías de luz e contrastes de cor, engadíndolles combinacións de formas contrapostas entre cortantes e sinuosas que lle imprimen soltura a cada peza, todo, dentro dun estilo moi persoal que semella mutar cara a abstracción co paso dos anos.
Os seus murais contan historias, normalmente ocultas, e hai que pararse a ver e a escoitar, esquecer as presas... e achegarse á parede. E voltar a alonxarse para albiscar os significados das metáforas que Isaac nos revela. Amable pero certeiro, áspero e suave ao mesmo tempo.
Natural de Baiona e licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura pola universidade de Salamanca, o seu traballo artístico sempre estivo vencellando á arte efémera, en especial en espazos urbanos mediante murais ou intervencións no espazo público.
En Barcelona estudou deseño gráfico na BAI e ilustración na Escola de la Dona e diversos masters e estudos específicos sempre ao redor do creación visual.
Nos últimos anos pasa a centrarse máis no seu traballo muralístico e participa en moitos festivais de arte urbana como Waterford Urban festival en Irlanda, Memorie Urbana en Italia ou North West Walls en Bélxica entre moitos outros, podendo atopar murais seus en moitas cidades de España, Alemania, Portugal, Canadá, México e moitas outros países de Latinoamérica.
O seu traballo tende a profundizar no íntimo a partir do público, momentos persoais e accións solitarias que amosa nas fachadas, expostas ás miradas de transeúntes e curiosos.
Para Lula nestes procesos prima a interrelación co espectador, o diálogo que establece co entorno no que intervén é moi importante. A reacción dos veciños durante todo o proceso son parte da obra mesma, e ésta convive diariamente co espazo público e con aqueles que a habitan. Interésalle o caracter efémero das intervencións na rúa, créanse, deterióranse e finalmente esváense borradas polo tempo, deixando apenas unha pegada..
A volta á ruina.