"Cando as series eran ao mediodía"
"CANDO AS SERIES ERAN AO MEDIODÍA"
Durante duas xornadas viaxaremos a 80´s e 90´s, a esas sobremesas calurosas de verán onde Michael Knight, Steve Urkel, Magnum ou M.A Barracus eran os xefes indiscutibles da parrilla televisiva. Yoseba MP tráenos esta delirante e nostálxica master class de iniciación ao retrato e a pintura rápida, onde ti elixes a túa personaxe favorita! Dende Alf ata Mitch Bukanan, de Balki Baltokomus ata McGyver. Unha viaxe ao pasado a través do retrato!
Elixe a qué máis che poña ou trae a túa personaxe fetiche!!
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Yoseba Muruzábal, aka Yoseba MP, afincado en Santiago de Compostela, é un dos máximos expoñentes da pintura contemporánea en Galiza. A súa obra caracterízase por un marcado estilo realista, e en ocasións unido ao surrealismo, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica. É creador da serie de murais chamada 'Fenómenos do rural' onde as nosas avoas se converten en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos, rendendo así homenaxe á muller como figura crucial na nosa sociedade.
Esta actividade está pensada e vai dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
LUGAR: Pza. de San Pedro
DATAS: Venres 22 e sábado 23 de setembro.
HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:00 h.
MATRÍCULA: Inscrición gratuíta ata cubrir prazas (Só 10 prazas, aberto ata o 18 de setembro)
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
INSCRICIÓN:
Os/as interesados/as enviar un email mediante o seguinte formulario de envío indicando Nome, Email e no cadro de "Mensaxe" os seguintes datos:
- MASTER CLASS: "Cando as series eran ao mediodía"
- NOME E APELIDOS
- IDADE
- TELÉFONO
- FORMACIÓN ( Experiencia profesional, estudos relacionados, cursos, etc)
- PORTFOLIO ADXUNTO OU LINK AO TEU PORTFOLIO/WEB/INSTAGRAM/BLOG ou similar
Imaxes de murais anteriores de YOSEBA MP e posibles personaxes a retratar.