O polifacético artista SEKONE, impartirá un master class titulada O REALISMO NO GRAFFITI, na que se emprazará ao alumno/a a realizar unha obra propia sobre un muro co asesoramento do artista. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O SÁBADO 16 DE SETEMBRO. A asistencia é GRATUÍTA ata rematar prazas (só 10 prazas).
Bio Sekone:
Miguel Ruíz a.k.a Sekone, artista multidisciplinar a cabalo entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A súa permanente curiosidade empúrrao a explorar diversos medios pictóricos, o que dá como resultado unha obsesión polo coidado do detalle e o perfeccionamento da técnica, saltando dun medio a outro e creando un discurso que bebe a partes iguais da nostalxia, o absurdo, o cotiá e a súa propia intimidade vital e creativa.
Esta actividade está pensada e vai dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
LUGAR: Santiago de Compostela (por confirmar)
DATAS: 18 e 19 de setembro de 2017
HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:00 h.
MATRÍCULA: Inscrición gratuíta ata cubrir prazas (10 prazas)
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
INSCRICIÓN:
Os/as interesados/as enviar un email mediante o seguinte formulario de envío indicando Nome, Email e no cadro de "Mensaxe" os seguintes datos:
- MASTER CLASS: “ Realismo no graffiti ”
- NOME E APELIDOS
- IDADE
- TELÉFONO
- FORMACIÓN ( Experiencia profesional, estudos relacionados, cursos, etc)
- PORTFOLIO ADXUNTO OU LINK AO TEU PORTFOLIO/WEB/INSTAGRAM/BLOG ou similar