MASTER CLASS DE NIN9 ST: "Introducción ao stencil"

 

O artista NIN9 ST, recoñecido experto na técnica do “Stencil” ou estarcido (plantillas), impartirá unha clase maestra durante o vindeiro Compostela Contemporánea sobre o manexo desta técnica, na que os alumnos asistentes (durante dúas xornadas completas) aprenderán de xeito práctico todo o que conleva este proceso creativo incluíndo: 

- Introdución ao stencil

- Historia

- O Stencil no street art

- Artistas e estilos

- Sesión fotográfica 

- Selección de imaxes

- Tratamento/retoque e postprodución dixital

- Técnicas de corte e corte da plantilla

- Creación final dun mural colectivo sobre parede

 

A clase terá lugar durante as xornadas mércores 20 e xoves 21 de setembro, de 10:00 h a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O SÁBADO 16 DE SETEMBRO. A asistencia é GRATUÍTA ata rematar prazas (só 10 prazas).

 

Esta actividade está pensada e vai dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.

Segue as instruccións que aparecen a continuación e INSCRÍBETE XA!

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

LUGAR: Santiago de Compostela (por confirmar)

DATAS: 20 e 21 de setembro de 2017

HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:00 h. 

MATRÍCULA: Inscrición gratuíta ata cubrir prazas (10 prazas)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRICIÓN:

Os/as interesados/as enviar un email mediante o seguinte formulario de envío indicando Nome, Email e no cadro de "Mensaxe" os seguintes datos:

- MASTER CLASS: “ Introducción ao Stencil ”

- NOME E APELIDOS

- IDADE

- TELÉFONO

- FORMACIÓN ( Experiencia profesional, estudos relacionados, cursos, etc)

- PORTFOLIO ADXUNTO OU LINK AO TEU PORTFOLIO/WEB/INSTAGRAM/BLOG ou similar

 

Atención: Los campos marcados con * son obligatorios.

imaxes master class anteriores: