ALTO ASALTO

Alto Asalto toma pulo dende o máis fondo e lúgubre Hades compostelán para berrar contra as elites e tinxir de rimas escuras as cancións bélicas que loitan contra as inxustizas e contan as vidas de quen non o tiveran nada doado. Así Mouriño e Ría, coas mesturas, rañadas e picadas de pratos de Mestre Pi e a produción de Mou (dktc), que coñecen de primeira man as trampas do mundo laboral e da política que asolagan Galiza, saen da cova para cazar o espírito primixenio do rap e vomitalo coas súas voces, a de ultratumba de Mouriño e a aveludada de Ría, e mostrarlle ao mundo que a música segue a ser o xeito máis directo de chegar ao subconsciente da xente para erguelo contra as infamias.

 

Máis info:

https://altoasalto.bandcamp.com

https://www.facebook.com/altoasalto.crew

 

DATA: venres 22 de setembro de 2017

LUGAR: Praza de San Pedro, Santiago de Compostela

ENTRADA DE BALDE