2pasos & thomas dylan

2Pasos é o proxecto musical de Manuel Ballesteros, produtor galego que mestura hip hop, electrónica e experimentación. Comeza a facer música e a rapear no 2005, co paso dos anos comeza a tocar o MPC e descubre que pode facer en directo a súa música mediante controladores MIDI e efectos. O resultado é un son con toques ambientais e melodías escuras guiadas por electrizantes baterías. 

Vén acompañado polo Mc Thomas Dylan, o cal é fundador do colectivo de Hip Hop vigués Verso Libre, no que ademais de artista musical, desenvolve a súa faceta como fotógrafo e  videomaker. Veñen presentar a súa proposta musical en conxunto, no que inclúen instrumentación fusionada coa electrónica máis vangardista.

 

Máis info:

https://www.facebook.com/versolibrevigo/?pnref=lhc

https://www.facebook.com/profile.php?id=100001311155193

 

DATA: venres 22 de setembro

LUGAR: Praza do San Pedro, Santiago de Compostela

ENTRADA DE BALDE